Miguel Anxo Fernández Lores, a polo terceiro mandato consecutivo

    anxolores_190307__100.jpgPONTEVEDRA > O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, apoiou ó candidato do BNG, Miguel Anxo Fernández Lores, quen aspira…

    …a renovar por terceira vez consecutiva ó seu mandato na cidade do Lérez. Neste acto de presentación, Quintana manifestou publicamente todo o seu apoio a figura de Lores e suliñou a boa xestión dos nacionalistas en Pontevedra nas últimas dúas lexislaturas.

    ‘Adíante e sen medo’ éstas foron ás palabras coas que pechou a súa intervención a vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. O líder dos nacionalistas galegos asegurou que Pontevedra é un modelo a seguir para calquera centro urbano de Galicia, unha cidade dos cidadáns e destacou a xestión do seu alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. Quintana quixo tamén deixar constancia do seu apoio ó candidato nacionalista. Asegurou que Lores contará con todo o seu apoio persoal. O vicepresidente da Xunta explicou que Pontevedra sufriu unha transformación positiva e que en moitos casos ese cambio fíxose en solitario dende o concello.

    Uns intres despois chegou a intervención do candidato. Lores afirmou que o BNG é a única forza política que ten un modelo claro para Pontevedra. Insistiu en que a recuperación da ría é a bandeira do partido dende hai máis de 20 anos e asegurou que tratase do obxectivo primordial da súa política. No seu discurso Lores recordou o acadado nestes oito anos no poder e tamén recordou as necesidades máis importantes que ten a cidade. Asegurou que o trafico é un dos grandes problemas da cidade e que imponse a construcción dunha ronda urbana para acabar con este problema. Por último. o alcalde dedicou unhas palabras o seu rival nestes comicios, Telmo Martín. Fernández Lores apuntou que os cidadáns de Pontevedra non permitirán que a especulación urbanística e os favoritismos formen parte da vida na cidade.

     Unha lista con experiencia e un modelo de cidade claro son as dúas armas que presenta o BNG para estas eleccións. O desenlace, o próximo 27 de maio.

     Redacción Salnés