Lousame recoñece a Ramón Queiro como fillo predilecto a título póstumo

LOUSAME> Lousame concedeu o título de fillo predilecto a Ramón Queiro. Numerosos veciños, amigos e familiares participaron no emotivo acto celebrado esta mañá para render homenaxe ó ilustre arquitecto.

Con este emotivo acto, Lousame facía oficial o nomeamento de Ramón Queiro como fillo predilecto do concello. Son sobradas as razóns que avalan este recoñecemento dada a súa prolífica traxectoria profesional como arquitecto. Aínda que a súa profesión levouno a vivir en Andalucía. Queiro Filgueira nunca deixou de volver a Lousame, terra na que profesaba un profundo amor.

No acto desta mañá participaron numerosos veciños, amigos e familiares de Ramón. A súa viúva recolleu un pergamino e unha placa conmemorativa e o seu fillo tomou a palabra para agradecer ó concello o recoñecemento.

A proposta partiu do seu amigo, Javier Expóstio. Aínda que o recoñecemento xa estaba previsto hai dous anos, a pandemia motivou o seu atraso provocando que finalmente a distinción tivese que ser a título póstumo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí