O barco galego “Open 60″que competirá na volta ó mundo chega a Sanxenxo

    open60mutua_100_210807_001.jpgSANXENXO > A embarcación Open 60 “Mutua Madrileña” chegou na xornada de onte pola tarde ao porto de Sanxenxo.

    O Open 60 clasificouse na competición para a volta o mundo que comezará en Novembro no porto de Barcelona. 2800 millas foi o percorrido que a tripulación tivo que facer para conseguir un posto nesa ansiada regata.

    Os afeccionados ó mundo náutico estiveron expectantes ante a súa chegada procedente de Inglaterra. Un regreso  moi esperada por todos os afeccionados que se asomaron ó porto deportivo de Sanxenxo para ve-la entrada dun dos barcos que nos representarán na volta ó mundo na Barcelona World Race o vindeiro 11 de Novembro.

    En terra, o director do equipo Pedro Campos explicou o percorrido que o barco fixo dende a súa saída dende Inglaterra onde competiron na Rolex Force Race, ata acadar o quinto posto que lles serviu para clasificarse para a volta ó mundo. Xunto co director de equipo tan só dous tripulantes son os que manexan esta embarcación. O mallorquín Javier Sansó e o cántabro Francisco Rivero mostraron as súa satisfacción por conseguir clasificarse nunha competición tan importante como a Barcelona World Race

     Un reto importante onde competirán coas embarcacións e tripulantes máis importantes do mundo, tendo en conta que percorrerán os cinco océanos enfrontándose a condicións meteorolóxicas extremas. Nembargantes según os tripulantes do barco o open 60 está en perfecto estado para o vindeiro 11 de Novembro en Barcelona cando tenderá lugar a competición .

    Redacción Salnés