O Psoe de Sanxenxo pide o arranxo do vial do Freixo

    fotovilalongagondar_100_110907.jpgSANXENXO > Segundo os socialistas, o camiño do Freixo situado en Vilalonga, simboliza, o abandono ó que está sometido o rural.

    O Grupo Municipal Socialista de Sanxenxo a través da sua voceira Dulcinea Aguín presentou unha moción sobre o camiño situado no lugar do Freixo, na parroquia de Vilalonga. Segundo o PSOE, este vial que dá servizo rodado a unha trintena de veciños, ven sufrindo dende fai moitos anos un estado de total abandono por parte do concello.

    O anterior goberno local prometeu en moitas ocasións que sería reparado pero nunca o fixo e cada día que pasa a situación na que se atopa é peor. Por iso os socialistas, facéndose eco do malestar dos veciños e usuarios deste vial, pídenlle ó pleno a limpeza das cunetas e o asfaltado e acondicionamento da estrada. Pero ademais o PSOE de Sanxenxo asegura que o goberno local segue anunciando grandes obras e proxectos mentres esquece as pequenas obras que garanten o benestar dos cidadáns. Segundo os socialistas, resulta incrible que un concello que xestiona milleiros de euros siga esquecéndose do rural.

    Redacción Salnés