O PSG alzouse có trofeo do torneo vilagarcián Arousa de fútbol 7

    finalarousafutbol7_100_040607.jpgVILAGARCÍA > Paris Saint Germaine- Inter de Milán. Ben podería ser a última edición da final da liga de campións pero non…

    …foi mellor. Este foi o encontro no que se decidiu cal foi o mellor equipo da duodécima edición do Torneo Internacional Alevín Arousa Fútbol 7 que se disputou en Vilagarcía. Ó remate do partido, os francés impuxéronse xustamente ós penaltis. Dentro da representación española, Español e Osasuna quedaron respectivamente en terceira e cuarta posición. Este torneo trátase de toda unha oportunidade para ollar ás futuras estrelas nos seus inicios.

    O PSG proclamouse campión da duodécima edición deste Torneo Arousa Fútbol 7. A final enfrontou ó PSG contra o Inter de Milán nun encontro dominado polos franceses ata case o derradeiro minuto. Pero ós italianos reaccionaron e lograron empatar o encontro. Finalmente todo decidiuse ós penaltis. Esta vez houbo xustiza e a fortuna estivo de cara do PSG. O remate…5 a 3 para os de Paría. O partido polo terceiro e cuarto posto tivo sabor español. O Osasuna e o Español loitaron por un partido que finalmente foi para os cataláns que repiten a mesma clasificación do ano pasado.

    Entre os xogadores do torneo destacou un en especial. O xogador do PSG, Hervin Ogenda, autor dos tres goles do seu equipo na final foi elixido mellor xogador do torneo. Ademais alzouse có galardón ó máximo goleador con 18 tantos.Real Madrid, Celta, Deportivo, Sevilla, Olimpique de Marsella foron outros dos equipos que participaron nesta festa do fútbol que se disputou na lomba.

    Redacción Salnés