Equipos da primeira división entre os participantes do cidade de Vilagarcía

VILAGARCÍA> 40 equipos competirán no VIII torneo cidade de Vilagarcía. No campionato benxamín participarán equipos da primeira división española e portuguesa. O evento terá lugar do 21 ao 23 de xuño.

O Arousa desvelou ós participantes que competirán no oitavo torneo cidade de Vilagarcía. A participación final será de 40 equipos entre os que se atopan formacións de primeiro nivel como o Celta, o Deportivo, a Real Sociedade, o Braga ou o Sporting de Portugal. Para os organizadores, o campionato serve para dar protagonismo ao equipo benxamín e para colaborar cos patrocinadores do club.

O torneo conta coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. O presidente da institución acudiu a presentación para agradecer a Ramiro Carregal, outro dos patrocinadores do torneo, a súa colaboración co fútbol galego.

Dende o Concello destacan que o campionato poña a Vilagarcía no mapa tanto a nivel nacional como internacional.

A competición disputarase do 21 ao 23 de xuño nos campos de fútbol Manuel Jiménez e na Lomba.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí