Amil preparará 160 porquiños á brasa esta fin de semana

porquinoamil100_230807.jpgMORAÑA > A Asociación Gastronómica de Amil, de Moraña, preparará esta fin de semana 160 porquiños á brasa

.. De todos estes, 127 serán para a comida oficial, 25 para as casas e 8 para as degustacións e ceas que haberá o sábado. Serán dous días de festa, que se celebrará no campo da Chan.

A Festa do Porquiño á Brasa alcanza este ano a súa edición número 18. E volve a repetir éxito, tendo en conta que a reserva de lotes xa se esgotou hai tempo. O programa arranca o sábado pola tarde con xogos populares para nenos e pola noite haberá degustación de porquiño nos toldos e tabernas. O domingo será a comida oficial.

En total os asadores prepararán 160 porquiños, dos que 127 son para o xantar do domingo. De novo o escenario será o campo da Chan, aínda que para a vindeira edición a Asociación Gastronómica Cultural de Amil terá que buscar novo emprazamento, por mor das obras que se acometen no entorno do santuario dos Milagres de Amil. Os leitóns que se cociñarán para esta festa proceden dunha granxa de Silleda e sacrificaranse nun matadoiro da Estrada.

Redacción Salnés