Shaila Durcal actuará o vindeiro sábado nas festas de Sanxenxo

    roldadeprensa_telefonica_100_230807__still_001.jpgSANXENXO > A cantante Shaila Dúrcal, que non chegará á cidade ate o sábado, daba hoxe unha rolda de prensa moi peculiar …

    … onde falaba dos seus recordos de Galicia. Na conversa telefónica coa cantante esta lembraba á súa nai cando falaba das visitas a terras galegas que facía de pequena.

    As festas de Sanxexo comezan mañá ás 12:30 horas co tradicional chupinazo lanzado pola alcaldesa, Catalina González. As festas celebraranse un ano mais na praza do Mar na que hoxe se traballaba a reo para ter todo listo para os vindeiros días. Tamén as 12:30 horas inaugúrase a novena edición da feira do Mel na Praza do Pazo. Pola tarde será a lectura do pregón na Praza dos Barcos. Este ano a pregoeira será a actriz da serie de televisión Camera Café, Carolina Zerezuela.

    O sábado celebrarase o día do turista coa tradicional sardiñada e pola noite Shaila Durcal dará un concerto gratuíto na Praza do Mar.

    O concello xa está preparado para as festas en honra a San Xenxo, festas que se alongarán dende mañá ate o 5 de setembro.

    Redacción Salnés