A Deputación dará o pulo definitivo á Casa Museo de Rafael Dieste

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/22/visita_vicepresidenta_deputacion_rianxo_2203161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/22/visita_vicepresidenta_deputacion_rianxo_220316.mp4{/flowplayer} RIANXO> A Deputación da Coruña subvencionará a rehabilitación interior para a adecuación museística da casa de Rafael Dieste en Rianxo. A achega provincial, xunto con outras actuacións que asumirá ó concello, permitirá abrir ó público a casa museo. A vicepresidenta da Deputación da Coruña visitaba a casa de Rafael Dieste para coñecer de primeira man o proxecto de restauración do inmoble, no que o ente provincial investirá douscentos trinta mil euros. Trátase da rehabilitación do interior da que fora vivenda do ilustre escritor, despois de que xa se acometera o arranxo exterior grazas a unha axuda do Ministerio de Cultura. A axuda provincial xunto con outras actuacións de menor escala que prevé asumir ó concello permitirán por fin abrir ó público a residencia do escritor como casa museo, dando forma así ó proxecto da academia literaria de Rianxo xunto coas casas natais de Manuel Antonio e Castelao. Dende as administracións prefiren polo momento no falar de prazos xa que trátase dunha actuación longamente agardada pero estiman que a apertura do museo poida ser unha realidade á maior brevidade posible grazas ó pulo definitivo que suporá a axuda da Deputación.