A redacción do proxecto de mellora da PO-504 custará 33.000 euros

    estradasanxenxo_vilalonga100_230807.jpgSANXENXO > O Concello adxudicou a redacción do proxecto de seguridade viaria na PO-504 por 33.000 euros…

    … O proxecto técnico ha de estar rematado en catro meses e contemplará a mellora das interseccións e a urbanización das marxes da estrada para protexer ós peóns.

    A redacción do proxecto técnico de seguridade viaria na PO-504 que une Sanxenxo con Vilalonga custará preto de 33.000 euros. O Concello adxudicou esta tarefa á empresa Tratamientos del Norte, cun prazo de execución de catro meses. O goberno local pretende a mellora das interseccións e a urbanización das marxes para a protección dos peóns.

    A alcaldesa Catalina González reiterou a súa intención de que esta estrada se converta nunha travesía con pequenas rotondas e grandes beirarrúas, contemplando a construcción de tan só dúas glorietas que estarían na Vichona e en Reiniño. Deste xeito, o tramo que une Sanxenxo con Vilalonga contaría coas rotondas de Arnelas, Fontoira, A Vichona, O Reiniño e Vilalonga, suficientes, segundo a rexedora, para garantir a seguridade nesta estrada.

    O concello afirma que en canto conte co primeiro borrador, a alcaldesa se reunirá cos veciños afectados para avalialo e achegar posturas.

    Redacción Salnés