O Museo da Conserva estará aberto na primavera de 2009

    CAMBADOS > O alcalde e o primeiro tenente de alcalde visitaron as obras que se executan na antiga fábrica de Conservas Peña e comprobaron que, tralos problemas iniciais pola calidade do solo no que se asenta o edificio, as obras comezarán a avanzar con maior velocidade. Aínda así tardarán un ano e despois haberá que dotar á construcción de contido, polo que se manexa como data de apertura a primavera de 2.009.

    obrasconservaspena_300_240807__still_002.jpgO alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, e o primeiro tenente de alcalde, Luis Aragunde, visitaron hoxe os traballos que se están a executar dende hai uns meses na antiga fábrica de Conservas Peña. Con eles estiveron os arquitectos encargados desta recuperación que explicaron o motivo do retraso das obras.

    Ó parecer o recheo sobre o que está situada a fábrica era de mala calidade polo que houbo que asenta-los muros cunha técnica de micropilotaxe consistente en introducir unha especie de tubos no solo máis firme, que se atopaba a moita profundidade, e que van ata o propio muro. Deste xeito garántese a seguridade da construcción. Unha vez solucionado este problema, os técnicos esperan que as obras avancen máis rápido.

    Agora haberá que recupera-la vella construcción tal como era, distribuíndo os mil metros cadrados entre os distintos espazos proxectados. obrasconservaspena_300_240807__still_003.jpgNa torreta que antes estaba destinada ás oficinas, agora irá o museo da conserva na parte baixa e na de arriba oficinas e unha cafetería. E no lugar onde estaba a propia fábrica farase un espazo multidisciplinar que se poderá adicar a exposicións, conferencias e actividades varias. En total investiranse neste museo case un millón de euros.

    Pero o concello xestiona xa unha novedosa exposición sobre bicicletas que iría situada nas paredes exteriores da fábrica e que suporía un aumento de presuposto, xa que requeriría instalar unhas cristaleiras nas paredes do museo onde se amosarían bicicletas curiosas. Sería unha exposición única en Galicia e moi interesante para Cambados que o goberno local está xestionando actualmente. Con todo, dende o Concello esperan que a obra esté rematada dentro dun ano e que o museo da conserva se poida abrir ó público na primavera de 2009.

    Redacción Salnés