A nova directiva da AAVV traballará co obxectivo de que Vilaxoán recupere a súa identidade de vila

VILAXOAN> A nova directiva da Asociación de Veciños de Vilaxoán promete traballar para que a vila recupere a súa identidade. O equipo que preside agora Cándido Meixide reunirase este mércores coa concellería de cultura de Vilagarcía, será o primeiro encontro cunha administración agardando poder facer o mesmo proximamente coa deputación e xunta. Os primeiros obxectivos da directiva son claros: recuperar a praia, mellorar a seguridade viaria e os sistemas de saneamento.

O pasado 31 de xullo, Cándido Meixide fíxose coa presidencia da asociación de veciños de Vilaxoán tras gañar as eleccións. A directiva presentarase aos socios o vindeiro día 25 de setembro nunha asemblea ordinaria. O equipo de Meixide promete traballar para que Vilaxoán recupere a súa identidade de vila e se lles deixe de tratar como un barrio.

A nova directiva pon varios obxectivos polos que comezar a traballar, como as melloras da seguridade viaria ou dos sistemas de saneamento, pero unha das súas principais reivindicacións é a recuperación da praia.

A nova directiva continuará traballando cos mesmos obxectivos que teñen na plataforma Esperta Vilaxoán. Unha plataforma que continuará co seu traballo, iso si, sen Cándido como voceiro.

O equipo de Cándido Meixide agarda reunirse con todas as administracións para comezar a esixir melloras en Vilaxoán. O primeiro encontro terá lugar o vindeiro mércores coa concelleira de cultura de Vilagarcía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí