Case 90 traballos compoñen este ano Caritarte, a mostra solidaria de Cáritas en Vilagarcía

VILAGARCÍA> A décimo cuarta edición do Caritarte xa está en marcha. A mostra artística organizada por Cáritas Vilagarcía foi inagurada a última hora desta tarde, nun acto amenizado pola música de Dani Barreiro. Nesta ocasión, a exposición recolle unha escolma dos traballos cedidos nas anteriores edicións. Desta volta, as case 90 obras saen á venda á metade do seu prezo orixinal.

Talento e solidariedade van da man no Caritarte. A exposición impulsada por Cáritas Vilagarcía celebra este ano 14 anos de vida e faino cunha mostra recompilatoria dos traballos cedidos polos artistas nas anteriores edicións.

Case 90 traballos compoñen este ano Caritarte, entre pintura, fotografía e escultura. Entre os autores, nomes como Lino Silva, Domingo Porto, Fernando Salgado, Martina Míser ou Mónica Irago.

Nesta edición especial de Caritarte, os prezos tamén son especiais. A organización decidiu nesta ocasión poñer tódalas pezas a metade de prezo.

Dende o Concello, que colabora coa iniativa, poñen en valor o traballo de Cáritas. Convidan ós veciños a merca-las obras expostas para agasallar neste Nadal.

A edición deste ano acaba de ser inaugurada, nun acto amenizado polo músico Dani Barreiro. Poderase visitar ata o 27 de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí