O Open 60 español espera dar a sorpresa na Barcelona World Race

javiersansobubi100_240807.jpgSANXENXO > Bubi e Pachi, patróns do Open 60 español que participará na Volta ó Mundo, xa están rumbo a Barcelona…

… A regata oceánica non sairá ata o 11 de novembro, pero os preparativos xa deron comezo para o equipo que dirixe Pedro Campos, presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo. Precisamente a sede deste club acolleu onte a presentación da regata.

open60mutua200_210807.jpgO Mutua Madrileña, o barco que nos representará na Volta ó Mundo na clase IMOCA Open 60, partía hoxe para Barcelona. Da cidade condal sairá o vindeiro 11 de novembro esta regata oceánica. A competición foi presentada no Real Club Náutico de Sanxenxo, con representantes de Barcelona e Sanxenxo, que arrouparon ó equipo español. O Mutua Madrileña estará patroneado polo mallorquino Javier Sansó, Bubi, e o cántabro Francisco Rivero, Pachi.

Durante máis de tres meses navegarán polos océanos máis hostís, percorrendo 25 mil millas en monocascos de última xeración. A regata será dura. Non terá escalas e a bordo irán só dous tripulantes. Pachi explicou que vestirán traxes de auga especiais, xa que o barco estará sempre mollado, alimentaranse de comida deshidratada, e levarán unha potabilizadora de auga.

Durante a Rolex Fastnet Race, onde conseguiron a cualificación para a volta ó mundo, tiveron oportunidade de estudar os ritmos de traballo, e teñen pensado facer quendas de 3 horas cada un para descansar. Enfronte, o equipo español terá ós mellores navegantes internacionais. Na proba británica quedaron quintos, e esperan volver a dar a sorpresa en Barcelona.

Ó igual que se fixo coa Volvo Ocean Race, a Volta ó Mundo de Barcelona poderase seguir por internet, en http://www.barcelonawroldrace.com/.

Redacción Salnés