O pregón do doutor Carlos Sanmartín inicia as festas da Pastoriza

    festasvilanova_pregon_100_100907_-_still_001.jpgVILANOVA > A pesares da traxedia vivida esta fin de semana, o Concello de Vilanova non suspendeu as súas festas patronais.

    Anque antes de comeza-los actos, o cura párroco Antonio Sineiro sí tivo un recordo para o xoven falecido en Vilanova para quen pediu un minuto de silencio que tódolos presentes gardaron rigorosamente. A continuación a asociación de comerciantes Vilanova Centro entregoulle á igrexa un cheque de 1.000 euros para axudar ó templo no seu cincuenta aniversario. A continuación chegou o momento máis esperado da noite.

    O pregón que daba inicio oficialmente ás festas da Pastoriza e que correu a cargo este ano do médico Carlos Sanmartín Cornes que falou da súa vida neste municipio e contou numerosas anécdotas da súa longa traxectoria como médico. A primeira xornada festiva rematou ó ritmo da música do dúo Traviata que deu paso o domingo á misa solemne en homenaxe a Nosa Señora da Pastoriza e unha gran festa no xardín Umbrío na que os nenos foron os protagonistas. As festas continuarán a vindeira fin de semana.

    Redacción Salnés