O executivo boirés destianará este ano seis millóns de euros a inversións reais

    orzamentosboiro_100_100907.jpgBOIRO > O executivo boirés presentou os orzamentos para o presente ano , que deixan endebedado ó concello en máis dun noventa e un por cento.

    O concello de Boiro manexará este ano unhas contas que ascenden a máis de dezaseis millóns oitocentos mil euros, dos cales aproximadamente o cincuenta por cento proceden de transferencias doutras administracións, sobre todo da Xunta e da Deputación.

    De todos os investimentos que o concello vai levar a cabo este ano, de case seis millóns de euros, a concelleira de economía e facenda, Dores Torrado, destaca os que se farán en participación cidadá, xa que Boiro foi pioneiro en permitir que as parroquias decidiran a que os queren destinar.

    Outra partida importante a destacar é a destinada á peonalización da Rúa Pablo Iglesias, que recibe unha achega da Consellería de Industria de case un millón de euros.

    Para o tenente de alcalde e concelleiro de obras de Boiro, Xoan Xesús Ares, os orzamentos sempre son insuficientes, pero coas contas deste ano, o concello tentou mellorar os servizos das parroquias boiresas.

    Operación de crédito

    Nos orzamentos deste ano, o concello de Boiro prevé a formalización dunha operación financieira por importe de novecentos corenta e cinco mil euros, que se destinarán a metade á peonalización da rúa Pablo Iglesias e a outra metade a pagar as expropiacións da zona da Cachada.

    Antes de formalizar esta operación financieira, o endebedamento do concello boirés ascendía ó oitenta e tres por cento e despois de levala a cabo acada o noventa e un por cento, case vinte puntos porcentuais por debaixo do límite legal, o cento dez por cento.

    Desde os orzamentos do ano 2003, o goberno boirés rebaixou a débeda do concello en case un trinta e tres por cento. Ademais o concello presenta un aforro neto de preto de dous millóns e medio de euros, cunha porcentaxe de case o vinteún por cento, o que indica que o concello é capaz de facer fronte ás obrigas derivadas da nova operación de endebedamento.

    Redacción Barbanza