Mañá pasan a disposición xudicial os tres imputados no asasinato de Vilanova

    VILANOVA > Un rapaz de dezaoito anos, veciño da Illa, foi apuñalado en Vilanova na madrugada do pasado sábado, despois dunha pelexa nas inmediacións …do coñecido Bar Troula desta localidade onde finalmente morreu. Os presuntos asasinos foron capturados e prestaron declaracións durante todo o día nas dependencias policiais. 

    entierro100907_ok.jpgChristian, que era así como se chamaba o falecido  recibiu sepultura nun multitudinario enterro. Christian Willichs recibiu o último adeus de amigos e familiares no medio dun enterro onde o pobo da Illa expresou a súa solidariedade coa familia polo asasinato do rapaz. Mostras de dor e emoción inundaron todo o percorrido ata o cemiterio, onde finalmente foi enterrado. Os feitos transcorreron na madruga do sábado. Todo comezou no interior do Bar troula en Vilanova onde se atopaban os tres presuntos asasinos que arrastraron ó falecido ó exterior onde lle propinaron a coitelada directa ó corazón que  finalmente lle provocou a morte.

    pub_troula100907_buena1.jpgOs sospeitosos xa se atopan nas dependencias policiais. O presunto autor material do asasinato, identificado como Antonio Pouso Árido e os outros dous implicados Roberto Millán e Abraham Rei xa están prestando declaración na comandancia da Garda Civil, aínda que nun principio fuxiron, os familiares aconsellaron os responsables do asasinato que se entregaran. Polo momento descoñécense as causas que levaron os presuntos autores do crime a comete- lo apuñalamento. Moitas foron as mensaxes de solidariedade que dende diversas entidades se manifestaron ó longo da fin de semana. O falecido era neto da concelleira socialista, coñecida como dona Lola.

    Dende o Partido socialista, que onte celebraban unha comida de confraternidade en Vilagarcía, José Blanco, o secretario xeral do PSOE manifestou o seu pésame á familia

    En Vilanova, na praza do Castro e con motivo das festas da Pastoriza, os asistentes gardaron un minuto de silencio en sinal de condolencia coa familia do falecido. O goberno de Vilanova mostrou o seu respecto e condena a este suceso, ondeando as bandeiras do concello a media asía.

    Redacción Salnés