O concurso de Clesa tramitarase en Madrid ó non alegar a empresa

    clesa_caldascopy.jpg CALDAS> Así o indica a dilixencia de ordenación que remitiu onte ó secretario xudicial de Pontevedra.

    O un de abril, o Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra declarábase incompetente sobre o concurso da factoría de Clesa e non admitía a trámite a solicitude de concurso voluntario de acredores solicitado pola fábrica de Saiar.
     
    Onte o Xulgado acordou declarar a firmeza de dito auto por falta de competencia territorial nunha dilixencia de ordenación despois de recibir un escrito da parte concursada manifestando o seu desexo de non recorrer e solicitando que se remitan as actuacións a Madrid.
     
    Agora, será o Xulgado do Mercantil número 6 de Madrid o que asuma o concurso. A maxistrada defendeu no auto que son os xulgados competenntes nesta materia xa que o centro de intereses da empresa están nesa provincia, postura compartida polo Ministerio Fiscal.
     
    No último documento xudicial recollíase que a única conexión co xulgado de Pontevedra é a fábrica de Caldas de Reis, mentres que, a sede e o domicilio social da compañía se atopa en na capital española.
     
     
    Redacción Salnés