O sábado celebrarase o I Trofeo de Piragüismo de Vilanova

piraga_100_130907_-_still_001.jpgVILANOVA > O vindeiro sábado celebrarase en Vilanova de Arousa o primeiro Trofeo de Piragüismo organizado polo concello …

… en colaboración co Club de Piragüismo da Illa. A competición reunirá ó redor de 200 palistas que se enfrontarán nas categorías de alevín e infantil. Entre os participantes atópanse O Breogán do Grove, As Torres de Catoira ou o club O Liceo Casino de Vilagarcía.

Os regatistas sairán dende a enseada do Esteiro ás 5 da tarde. Os infantís deberán completar un percorrido de 1.400 metros, mentres que os alevíns terán que percorrer 1.200. Os tres mellores clubs gañarán un trofeo e para os cinco primeiros clasificados haberá diferentes premios.

Con esta regata ponse o broche final á segunda edición da Escola de Piragüismo de Vilanova que se desenvolve durante a tempada de verán. Unha escola que adestrou a mais de 50 rapaces de entre 11 e 16 anos. Dado ó crecente interese dos cativos, e dos non tan cativos, nesta iniciativa o concello de Vilanova creará unhas instalacións náuticas axeitadas no Terrón para darlle continuidade á práctica do piragüismo ó longo de todo o ano.

Redacción Salnés