No municipio cambadés de Sisán naceu unha cabaza xigante

    cabaza_xigante_100_130907_-_still_001.jpgCAMBADOS > Eladio Barreiro é o propietario dunha cabaza xigante. Este veciño de Sisán, en Cambados, leva 5 anos sementando cabazas …

    na súa horta.

    Eladio elixe sempre unha boa semente ,nembargantes, afirma que nunca tivo unha hortaliza de tales dimensións. Este horticultor non da crédito ó tamaño desta cabaza e pensa que este fenómeno é froito dos cambios no clima.

    O tamaño da hortaliza destaca en relación coas cabazas que se atopan ó redor dela e Eladio non sabe aínda como facer para transportala xa que calcula que pesa máis de 100 quilos.

    Esta cabaza xigante é unha mostra de como a labranza tradicional dunha horta en Galicia segue dando bos resultados.

    Redacción Salnés