![]()
PONTEVEDRA> O Comité Executivo da ETU non quixo agardar ata mañá e adiantou a súa decisión a hoxe. A Cidade do Lérez impúxose nas votacións á checa de Karlo Vivari.
Pontevedra será a sede do Campionato de Europa de Triatlon de 2011. A boa nova coñecíase este mediodía, apenas media hora despois de rematar a presentación da delegación formada polas federaciónS española e galega e polo concello, representado pola alcaldesa en funcións, Teresa Casal.
O acordo foi adoptado polo polo Comité Executivo da Unión Europea de Triatlon, reunido na localidade holandesa de Holten, sen necesidade de agardar á xuntanza que este organismo vai ter mañá.
Pontevedra impúxose polo tanto á súa rival Karlo Vivari, e acollerá catro días de competición no mes de xullo de 2011. Ata a cidade do Lérez desprazaranse non menos de 3.000 deportistas máis un mínimo doutras 6.000 persoas ó que lles obrigará a realizar un enorme esforzo a tódolos niveis organizativos.
Redacción Salnés








