A afección pola petanca en Pontevedra medra imparable: 14 equipos competirán na liga que comeza este sábado

PONTEVEDRA> A afección pola petanca avanza imparable en Pontevedra. O deporte gaña adeptos entre vecinos de todas as idades. En tan só tres años a cidade pasou de ter 9 equipos a ter 14. E a partires deste sábado veranse as caras na Liga Concello de Pontevedra de Petanca 2021-2022.

A petanca xa é un dos deportes estrela no concello de Pontevedra. A afección avanza imparable e o número de persoas que se animan a practicalo non para de medrar. Tanto é así que nos últimos tres anos pasou de haber 3 equipos no municipio a 14.

Estes 14 equipos veranse as caras na Liga Concello de Pontevedra de Petanca 2021-2022. A competición arrancará este sábado e prolongarase ata o 4 de xuño.

A intención do concello é seguir apostando por promocionar este deporte. Tanto é así que teñen previsto instalar más pistas para xogar á petanca polo municipio.

Ademais dos partidos da liga, tamén se celebrarán varios trofeos no 2022: o San Blas, organizado por Salcedo Norte o 5 de febreiro, o San Xosé, de Amigos de Campolongo o 19 de marzo, o Deputación, impulsado polo Centro Social o 11 de xuño e o Trofeo San Bieito, que se celebrará o 11 de xullo organizado polo Mirador de Monte Porreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí