O VIII Congreso Internacional de Literatura estará adicado a Valle Inclán

valle_incln_100_180907.jpgVILANOVA> Valle Inclán será o escritor galego sobre o que xire a temática do VIII Congreso Internacional de Literatura que se celebrará dende o 2 ó 5 de outubro.

Onte á mañá foi presentado en Vilanova de Arousa xa que neste concello se desenvolverán os dous últimos días do congreso. O oitavo congreso Internacional de Literatura foi presentado polo vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Jose Juan Durán; Xerardo Fernández, presidente da Fundación Valle Inclán; Antonio Gómez, subdirector de relación de Caixanova e Fidel López, profesor da Universidade de A Coruña. Valle Inclán será a figura sobre a que xire a temática deste congreso que reunirá a profesores de diferentes partes do mundo, dende Estados Unidos, Venezuela, Francia, Italia ou Polonia ate un profesor procedente de Exipto .

O congreso atraerá a investigadores da literatura galega pero tamén a tódolos admiradores de Valle Inclán. Este será un simposio multicultural no que se poderán escoitar conferencias en inglés, galego, castelán, alemán ou francés de xeito totalmente gratuíto. A entrada estará aberta a todos aqueles que se acheguen ate a Facultade de Filoloxía o 2 ou o 3 de outubro ou á Casa da Cultura de Vilanova os días 4 e 5. Dous días nos que a Casa da Cultura acollerá a tódolos amantes das verbas do que fora veciño do concello. Un vilanovés que cruzou fronteiras coa súa maneira de escribir e que agora será homenaxeado coa dedicación deste oitavo Congreso Internacional de Literatura.

Redacción Salnés