Veciños de Sende esixen o arranxo do acceso ás súas vivendas

    camiosende_100_190907.jpgPOBRA > Veciños do lugar de Sende na parroquia de Santa Cruz de Lesón veñen denunciar o lamentable estado do camiño de acceso ás súas vivendas.

    Segundo eles o arranxo do vial estaba contemplado hai xa varios meses polo executivo local dentro do convenio asinado con Medio Rural, pero polo de agora non hai nada feito.

    O concello remitiu unha carta ós afectados na que informaba do inminente comezo da mellora do camiño que dá acceso á súa vivenda. A actuación estaba incluída nun plan conxunto subvencionado pola Consellería de Medio Rural que prevía tamén a renovación do asfaltado en doce camiños máis. Todos eles foron arranxados menos o que conduce á súa casa.

    Da nova tamén se fixeron eco os membros do Partido Socialista que non entenden como o executivo local non levou a cabo o acondicionamento deste camiño, máxime cando afecta a catro veciños e leva máis de 16 anos sen ser mellorado.

    Para os socialistas resulta ilóxico que, despois de pasa-la última vivenda en Sende, e xa nun tramo de aproximadamente 200 metros que dá acceso a fincas, moitas das cales foron expropiadas pola Xunta polas obras da autovía, se procedeu ó seu acondicionamento.

    Redacción Barbanza