Catro son os escultores que participan no XVIII Simposio Internacional de Escultura

escultor_100_260907_-_still_001.jpgO GROVE> O Simposio Internacional de Escultura do Grove volve reunir este ano a cinco escultores na Praza do Corgo durante 22 días.

Dous alemáns, un xeorxiano, un xaponés e un galego son os escultores que este ano se disputarán o XVIII Simposio Internacional de Escultura do Grove que se engloba dentro das actividades da Festa do Marisco que comeza o 4 de outubro.

O pontevedrés Emilio José González será a representación galega do certame. Este mozo de 26 anos que acaba de rematar os seus estudios na Escola de Canteiros de Pontevedra é o primeiro ano que se presenta a este simposio. Emilio José presentou o seu proxecto ‘Unión’ cunha maqueta en barro na que plasmou a súa idea de converter a pedra de granito nun banco de peixes en forma de arco.

O gañador do Simposio deste ano recibirá 2.400 euros, o segundo clasificado 1.200, o terceiro 900 e para o cuarto e o quinto 600 euros. Unha gratificación económica que se suma á gratificación dos escultores ó quedar expostas as súas obras nas rúas do concello.

Os escultores teñen ate o vindeiro 14 de outubro para rematar os proxectos. Día no que se entregarán os premios nun acto que terá lugar no salón de pleno do concello. O mesmo día no que rematará a Festa do Marisco na que este ano se entregarán as Centolas de Ouro ós traballadores do Gran Hotel da Toxa, á familia do Hotel Villajuanita, a Isaac Díaz Pardo e a Esperanza Casas.

Redacción Salnés