O Liceo Casino luce dende hoxe unha nova imaxe corporativa

    liceo_casino_100_260907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA> O Liceo Casino de Vilagarcía presentou hoxe o seu novo anagrama. Unha nova imaxe corporativa que decorará …

    … os equipamentos dos sete clubs deportivos do Casino unificando así o vestiario de tódalas súas potencias deportivas. 

    O novo anagrama do Liceo Casino de Vilagarcía deriva da grímpola actual do Liceo que une as cores da provincia marítima, o escudo oficial de Vilagarcía e a bandeira galega. Baseándose nestes elementos a empresa de marketing e programación ‘Proimaxe’ creou este nova imaxe corporativa na que se reduciron as cores representando tres forzas en movemento froito das distintas actividades deportivas, culturais e sociais do Liceo Casino. Unha imaxe corporativa que dende a directiva da entidade afirman que era necesaria.

    Na presentación desta nova imaxe ademais da directiva do Liceo, do xerente e da representante da empresa de marketing ‘Proimaxe’ asistiron varios deportistas. Eles foron os encargados de amosar o novo equipamento que unirá ós clubs do Liceo representando así unha única forza deportiva.

    Con esta imaxe corporativa o liceo Casino de Vilagarcía actualízase. Dende a directiva afirman que esta será unha boa maneira de atraer a empresas colaboradoras que lles permitan aumentar e mellorar as instalacións.

    Redacción Salnés