Un centenar noieses concéntranse ante a oficina do CAISS

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/27/concentracionoficinaseguridadesocialnoia270214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/27/concentracionoficinaseguridadesocialnoia270214.mp4{/flowplayer} NOIA> Protestan así ante o posible peche deste servizo por parte do Goberno Central. Na concentración, que partiu nun primeiro momentos das agrupacións socialistas de Noia, Lousame e Porto do Son, tomaron parte ó redor dun cento de persoas. A ela uníronse tamén o resto de grupos políticos que conforman o goberno local noiés, neste caso BNG e NOIA, que tamén respaldaron a convocatoria. Consideran que se trata dun servizo público necesario e útil para Noia que non queren que se peche, xa que suporía un grave prexuízo non só para os veciños desta localidade, senón tamén para os de toda a comarca noiesa que acuden a esta oficina a realizar diversos trámites. O goberno noiés ten intención de continuar con este tipo de concentracións, así como outros actos reivindicativos. Precisamente mañá mesmo levarán a pleno unha iniciativa a través da cal lle solicitarán ó Ministerio de Traballo o mantemento deste centro de atención e información da Seguridade Social.