O BNG de Ribeira volve incidir no mal estado dos viais

RIBEIRA> O BNG denunciaba esta mañá o mal estado das principais estradas do municipio, así como tamén das zonas habilitadas para o estacionamento de vehículos. O voceiro desta formación política, Xosé Antón Vázquez Cobas, di recoller o malestar de moitos veciños por esta situación.

Para o BNG as principais estradas do municipio presentan a día de hoxe un estado lamentable. Poñen coma exemplo a situación do firme da avenida do Malecón, totalmente deteriorado.

Pero a situación do Malecón non é única. Tamén falan da situación que se dá noutras estradas do Concello coma poden ser  a  de Mosqueiros en Castiñeiras ou Balteiro en Oleiros.

Os nacionalistas tamén denuncian as deficiencias e a falla de mantemento nas zonas destinadas a aparcamento no casco urbano.

O alcalde, Manuel Ruíz, non tardou en respostar sobre esta demanda. O rexedor escudou a responsabilidade do Concello polo mal estado das vías, xa que na súa totalidade non son de competencia municipal, como é o caso da avenida do Malecón, da que é titular Portos de Galicia.

Comments are closed.