A Garda Civil detivo a quince persoas implicadas nunha rede de falsificación de psicotécnicos

    PONTEVEDRA> A subdelegación do Goberno en Pontevedra emitiu esta mesma tarde un comunicado de prensa informando que a Garda Civil de Pontevedra detivo a quince persoas pola súa vinculación nunha rede de falsificación de psicotécnicos. Entre os implicados figuran catro persoas da ‘Autoescola Barrantes’, en Barrantes, Ribadumia.

    Segundo a nota de prensa enviada esta mesma tarde a este medio de comunicación autoscola_300_260907_-_still_001.jpgpola Subdelegación de Goberno de Pontevedra a Garda Civil detivo a quince persoas implicadas nunha rede de falsificación de psicotécnicos. Segundo a Garda Civil neste delicto están involucrados seis propietarios de autoescolas, catro profesores, dous médicos, unha psicóloga, un auxiliar de clínica e a directora do centro de exames médicos. Todos da provincia de Pontevedra. Entre eles atópanse catro membros da ‘Autoescola Barrantes’ en Ribadumia: os donos da academia, J.R.T.P e M.E.G.C. e os seus fillos e profesores, F.T.G e J.R.T.G. Sen embargo este medio achegouse fai escasas horas ate esta autoescola de Barrantes e verificou que non se produciron estas detencións. Nembargantes a Garda Civil continua ratificándose na información enviada. Esta investigación, realizada pola Unidade Orgánica da Policía Judicial da Garda Civil, apunta que nos últimos cinco anos foron emitidos ó redor de 10.000 informes que poderían declararse nulos segundo a Ley de Procedemento Administrativo.

    Redacción Salnés