Os sindicatos cualifican de éxito o primeiro día da folga da construcción

    SALNÉS > Uns 45 mil traballadores da construcción da provincia de Pontevedra saíron a rúa para unirse a folga

    …convocada polos sindicatos UXT, CIG e Comisións Obreiras, trala ruptura da negociación para mellorar o convenio marco firmado a nivel estatal. Mañá e pasado continuarán en folga, paros que repetirán o 9 e o 10. De non conseguir a súas reivindicacións, a folga pasará a ter caracter indefinido.

    folga300okok_021007_-_still_001.jpgA diferencia do acontecido en outras ocasións, a xornada transcorreu sen enfrontamentos graves na zona do Salnés. Para os sindicatos, trátase de todo un éxito. Dende a APEC aseguran que o seguimento da folga foi do 77% segundo o  resultado dun muestreo que realizaron en 131 centros de traballo, dos que 101 non rexistraron ningún tipo de actividade.

    Entre as principais reivindicacións sindicais están as melloras salariais tanto en aumentos respecto a anos anteriores, como na aplicación do complemento de posto, segundo categorías. Trátase de lograr que se inclúan na nómina as cantidades que os empregados cobran actualmente en negro e que adoitan supoñer entre o 20 e o 30 por cento do salario.tamén demandan o ascenso automático nas categorías máis baixas do convenio. Deste xeito, un peón só poderá permanecer no posto un máximo de tres anos, tralos que deberá ser ascendido á categoría inmediata superior, axudante de oficio. Pola súa banda, a patronal considera incomprensible esta folga e a APEC garantiu ós asociados que lles prestará asistencia legal en caso de que sufran prexuízos polas actuacións dos piquetes informativos.

     Redacción Salnés