Hoxe celebrouse o día dos anxos custodios, patrón da Policía Nacional

    policia100_021007_001.jpgVILAGARCÍA > O acto tivo lugar no Auditorio Municipal onde se condecoraron a dous membros da policía da vila…

    … entre eles á xefa da Policia Local de Vilagarcía, María do Carme Roca, primeira muller en España en acadar este posto. O acto estivo amenizado por un agradable xantar.

    Despois da misa oficial celebrada en honor o patrón da Policia Nacional á que acudiron todo o corpo da policía local da Vilagarcía e arredores, chegou a quenda de dar paso o acto oficial que cada ano condecora os mellores policías locais da vila.

     Nesta ocasión foron José Manuel Ayude que recibiu a medalla de mans da alcaldesa Dolores García e María do Carme Roca, xefa da policía local de Vilagarcía e primeira muller en España en ostentar este cargo. Esta vez foi o Comisario xefe, José Manuel Lorenzo o encargado de face-la condecoración.

    O comisario xefe da Vilagarcía, Xosé Manuel Lorenzo resaltou a coordinación existente entre as distintas forzas e corpos de seguridade que consegue unha maior eficacia no servicio, tamén tivo un emotivo recordo a un compañeiro falecido o ano pasado de maneira repentina

    No seu discurso, a xefa da policia local destacou o avance das forzas de seguridade do estado nos últimos anos que acadaron unha maior autonomía e unha mellor cordinación entre os distintos departamentos e coas administracións. Lembrou ademais que obxectivo principal da policía nacional é a reducción dos accidentes de tráfico mediante as mediadas que existen na actualidade como o carnet por puntos, que segundo engadiu non son populares pero si efectivas.

    A alcaldesa de Vilagarcía pechou a quenda de intervencións. Dolores García felicitou os condecorados e manifestou o seu desexo para que se reduza a sinisestralidade nas estradas

    Por último o acto rematouse coa entrega por parte dos galardoados dunha placa conmemorativa que recolleu o comisario xefe e cun distendido xantar onde policías veteranos e novatos gozaron do seu día , o día dos anxos custodios.

    Redacción Salnés