VILAGARCÍA> Zona Aberta pon en marcha a súa campaña de San Valentín. O colectivo de comerciantes e hostaleiros de Vilgarcía sorteará polo Día dos Namorados unha cea para dúas persoas.
No sorteo poderán participar aqueles que fagan as súas compras ou consumicións nos establecemetos asociados. Con esta campaña Zona Aberta quere animar as vendas durantes estas semanas de febreiro, animando á clientela a querer moito ao comercio local.
Ademais, en colaboración co Concello de Vilagarcía, vaise instalar un photocall cun gran corazón para que a xente poida sacar fotos. Vaise instalar na Praza de Galicia para que na tarde do 14 de febreiro quen se anime poida levar no momento para a casa a súa lembranza deste Día dos Namorados.











