AMBAR celebra o seu XXV aniversario

    25aniversarioambar_100_1810.jpgRIBEIRA > A Asociación de Persoas con Diversidade Funcional do Barbanza (AMBAR) conmemorou esta tarde o XXV aniversario da súa fundación cun festival…

    celebrado no auditorio municipal de Ribeira. Ademais dunha peza teatral interpretada polos membros da entidade, o público puido asistir á proxección de dúas curtametraxes e o espectáculo dunha comparsa que percorreu as principais rúas da localidade.

    Aló polo ano 1982 nacía a Asociación de Persoas con Diversidade Funcional do Barbanza (AMBAR), a primeira destas características xurdida no Barbanza. Dende aquela, tense percorrido xa un longo camiño na loita pola igualdade de dereitos, non libre de obstáculos. 

    Co fin de conmemorar esta data tan sinalada, os membros de AMBAR celebraron esta tarde un multitudinario festival no que houbo teatro, música, cinema e mesmo unha comparsa, na que participaron tódolos socios da entidade.

     Na actualidade, son preto de cincuenta persoas as que integran o centro ocupacional Manuel Parada que ten a entidade en Frións, aínda que AMBAR vai moito máis aló, dando servizo a tódalas persoas con diversidade funcional que así o requiran.

     

    Tras estes primeiros 25 anos de arduo traballo, a intención da directiva de AMBAR é seguir traballanmdo na mesma liña que ata o de agora, co obxectivo de conquerir unha igualdade real para tódalas persoas en tódolos eidos da sociedade.

    REDACCIÓN BARBANZA