RIANXO> Medio milleiro de deportistas daranse cita en Rianxo para participar na Ruta BTT e Andaina que se celebra o domingo 16. A proba ciclista componse de tres distancias mentres que os que opten por percorrido a pé deberán completar un circuíto de 22 quilómetros.
Todo listo en Rianxo para celebrar unha das probas máis destacadas do seu calendario deportivo. A decimo segunda edición da BTT Concello de Rianxo reunirá o próximo domingo a preto de 300 ciclistas que percorrerán algúns dos enclaves máis fermosos do municipio.
Poderán optar por calquera das tres distancias segundo o nivel de esixencia. En paralelo, por oitavo ano consecutivo, celebrarase tamén unha andaina cun percorrido de 22 quilómetros na que se agarda que a participación poida chegar ós 200 inscritos.
Os interesados en participar en cada unha das probas poden inscribirse a través da web www.emesports.es ata o día 12 de febreiro.