A conselleira de Medio Ambiente participa nunha plantación de sobreiras no Parque Natural de Corrubedo

RIBEIRA> A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou esta mañá no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán nunha plantación de sobreiras que estaba a realizar o alumnado da Escola de Capataces do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán.

En total plantáronse unhas 120 árbores desta especie autóctotona, contribuíndo á conservación ambiental deste espazo protexido.

Este tipo de accións de mellora e protección da biodiversidade van en liña co Plan Reitor de Usos e Xestión deste parque natural, que foi aprobado no ano 2021, ó abeiro do cal xa se levan investidos nos últimos anos uns 2,5 millóns de euros.