VALGA > José María Bello, arremeteu esta mañá con dureza contra o delegado provincial de medio ambiente, Juan Francisco Froján, por mor das obras inacabadas sobre o Río Valga para previr os asolagamentos na zona.
O alcalde estivo acompañado por membros da Comisión de Veciños Afectados, que tamén amosaron o seu malestar.
Non se mordeu a lingua. Bello Maniero di estar farto de que dende a Delegación Provincial de Medio Ambiente non se lle faga caso. A problemática xorde décadas atrás cando se producen os primeiros asolagamentos, e dende aquela os veciños da Devesa sofren as enchentas do río ano tras ano.
Veciños e alcalde piden ás autoridades que tomen cartas no asunto e constrúan uns diques de contención para o río. Dende o outro bando, Froján, que o pasado venres dixo estar traballando nun proxecto para soluciona-lo problema. Bello Maniero afirma que aínda non tivo nova algunha sobre o tema.
Os veciños pola súa banda, din estar fartos de ter que sacar mobles, animais e electrodomésticos fóra da casa para evitar que se perdan, e ver como tódolos anos teñen que gastar cartos para subnasanar os desperfectos.
Engaden, que pese a que pensaron tomar fortes medidas de presión, aínda agrardan unha contestación por parte de Medio Ambiente.
Co outono tan veraniego que estamos a ter, o problema aínda non apareceu, pero o fará cando cheguen as chuvias.
Redacción Salnés