![]()
VILAGARCÍA > ‘Abrir o río ó mar’. Iso é, en esencia, o obsectivo das dúas fases de acondicionamento do río Con, para evitar desastres coma as inundacións de novembro do ano pasado…
{flowplayer}conselleiro.flv{/flowplayer}
… Para explicar a execución das obras, reuníronse esta maña no concello vilagarcián, o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, o grupo de goberno de Vilagarcía, o director xeral de Aguas de Galicia, José Luis Romero e o delegado provincial de Pontevedra, Juan Francisco Froján.
A primeira fase do proxecto de acondicionamento do río Con é de execución inmediata e xa está en marcha. Ten como finalidade que as marxes do río teñan independencia, para elo farase un pozo de bombeo, rebaixouse o nivel de lodos depositados e limparase as paredes dos muros.
A segunda é lenta, dificultosa e moi estructural, en consecuencia, levará mais tempo advertir os resultados. Aumentarase o ancho do río en 14 centímetros. Limparán e reducirán o recheo do terreo no Parque da Coca e tamén na zona da Xunqueira, limpouse o río. A Ponte de Vista Alegre quedará igual.
Se chovera como o ano pasado, o conselleiro asegura que Vilagarcía, agora está moito máis preparada para soportalo, pero ata que non rematen as dúas fases do proxecto, non acadará risco 0.
O conselleiro fixo unha chamada á calma, pois asegurou que a estructuración do río non é problema de cartos nin de cor político. A cuestión é devolver a natureza o que é dela, un proceso longo para resolver un problema estructural de fai 5 décadas.
Destacou que o que se fixo ata agora, foi unha obra de emerxencia, de aquí en diante hai que tomar tempo para garantirlle a Vilagarcía que non terá situacións dramáticas, como o pasado vinte e sete de novembro.
Tamén se falou da Illa de Cortegada, hai un plan específico de vixiancia e visitas, que pretende consolidar e habilitar unha zona de pantaláns para permitir o acceso a todo o público.
Os participantes da xuntanza estiveron de acordo en que débense respetar sempre as marxes do río, sensibilizar, en xeral, que ó mar, reclama o seu tarde ou temprano.
Redacción Salnés








