PORTAS> Avanza a concentración parcelaria en Portas. Esta mañá entregáronse os títulos provisionais na zona de Briallos que benefician a máis de 600 veciños. De máis de 3100 parcelas pasarase a 900.
A concentración parcelaria de Briallos comeza a ver a luz ó final do túnel. Os máis de 600 veciños afectados recibiron hoxe en Portas os títulos provisionais dos seus novos terreos.
A superficie parcelaria é de máis de 300 hectáreas e estaba dividida en 3123 leiras que pasarán a ser a redor de 900.
A concentración parcelaria en Portas leva máis de 20 anos reclamándose e para o alcalde a solución chega tarde dende o punto de vista empresarial.
A veciñanza terá agora un mes para revisar as súas parcelas e presentar as alegacións que consideren oportunas.