A xuíz envía a prisión a seis dos sete vinculados cun alixo de 4 toneladas de cocaína

    detidos_xulgado100_311007_-_still_002.jpgCAMBADOS > A titular do Xulgado de Instrucción número 3 de Cambados, Carolina Nores, decretou o ingreso en prisión de seis dos 7 detidos na operación Piraña 

    … trala incautación de coas catro mil quilos de cocaína interceptadas na madrugada do luns nas Rías Baixas. Namentres o servicio de vixilancia aduaneira investiga un estaleiro en Portugal que estaría vinculado a Ramiro Vázquez, considerado o cabecilla desta operación. 

    Seis dos sete detidos na Operación Piraña xa están no cárcere da Lama. Sobre as dez e media da mañá do mércores  foron chegando ó xulgado de Cambados, que instrúe o caso. O cambadés Ramiro Vázquez Roma, considerado o xefe desta operación, saíu do xulgado do seu pobo cara o cárcere da Lama. Con el foron tamén o seu cuñado, un sobriño e un dos seus primos, ademais de Digna Vázquez, natural de Vilanova, pero residente en Bueu, e un cidadán ruso. Quedou en liberdade a muller dun dos sobriños do suposto cabecilla do clan, pero coa obriga de comparecer semanalmente nos xulgados. Todos eles están imputados nun delicto de tráfico de drogas. Os  sete foron detidos o pasado luns poucas horas despois de que axentes de Aduanas botaran por terra o alixo que supostamente esperaban, dunhas catro toneladas de cocaína.

    casa_ramirovazquez200_311007_-_still_001.jpgRamiro Vázquez é natural de Corvillón pero vivía nesta modesta casa do barrio de San Tomé coa súa muller e os seus dous fillos. O servicio de vixilancia aduaneira localizou en Vilanova de Cerveira, en Portugal, un estaleiro vinculado a este cambadés e onde, ó parecer, se construíron as dúas embarcacións semirríxidas que transportaron os 4.000 quilos de coca. Membros de aduanas trasladáronse onte á localidade portuguesa onde realizaron diversas investigacións sobre o patrimonio que ten o principal responsable da rede de transportistas.

    Non se descarta que poida haber máis detencións e sospéitase que este grupo poida formar parte dunha organización de narcos galegos máis ampla.  

    Redacción Salnés