VILAGARCÍA> En Vilagarcía, os veciños da zona da Coca piden que se elimine un punto de venda de drogas, situado nunha nave abandonada. Reclaman que se derruben esas instalacións ou, polo menos, se tapie. O problema cada vez máis a máis, con máis indixentes que pasan alí a noite e un incremento do trapicheo.
O problema non é de agora pero cada vez vai a máis. Esta vella nave, situada na zona da Coca, converteuse nun punto de venda de drogas, que preocupa -e moito- aos veciños. Din que alí cada vez se concentran máis persoas, cun incremento do trapicheo.
Ademais, os veciños cren que se trata dun foco de insalubridade, pola gran candidade de refugallos que alí se amorean. A isot hai que engadi-la falta de seguridade e incluso enfrontamentos cos hostaleiros da zona.
O colectivo veciñal da Fonte da Coca reclaman que se derruben esas instalacións ou, polo menos, se tapie. O concello seica anda á procura do novo dono destas instalacións. Os veciños agardan que se tome medidas xa.
A nave permanece abandona dende hai case 20 anos, con problemas deste tipo dende aquela.