Vilagarcía reactiva a liña atención a persoas maiores e dependentes polo avance da covid

VILAGARCÍA> Coa terceira onda golpeando con forza, Vilagarcía activa, de novo, unha liña de atención específica para persoas maiores e dependentes. A idea é que as persoas que o precisen contacten con este servizo para calquera necesidade, dende comprar medicamentos ou víveres ou, simplemente, falar con alguén. Funcionará de luns a venres dende a semana que vén.

A situación de case confinamento na que nos atopamos, cos casos de coronavirus disparados, leva ó concello de Vilagarcía a reactiva-lo servizo de atención específica a persoas maiores e dependentes. Ravela volve habilitar un número de teléfono para atender calquera tipo de necesidade.

Ante a dureza desta terceira onda, a concelleira fai tamén un chamemento á colaboración cidadá á hora de detectar as persoas puidesen precisar deste servizo ou que se atopen nunha situación social complicada.

A socialista aproveita tamén para valora-la posta en marcha na cidade dunha rede de voluntariado. Indica que, por desgraza, moitas veces a administración non dá chegado a todo, pero si a cidadanía.

E aproveita para poñer en cuestión as críticas da oposición. Lamenta García que formacións como o BNG ou Podemos dubiden desta proposta mentres noutros concellos onde eles gobernan leven a cabo actuacións semellantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí