20 anos de cadea por asasinato ou 5 por homicidio

    xuizo_xaime_maiz_100_150610 copy.jpg PONTEVEDRA> Fiscalía e Acusación piden que Jaime Maiz sexa condenado á pena máxima por asasinato. A Defensa, homicidio con atenuantes. 

    {flowplayer}images/salnes/PETICION_CONDENAS.flv{/flowplayer}
     
    Vinte anos de cadea por asasinato e inhabilitación absoluta durante o tempo de condena.. Esta é a pena que solicitan para Jaime Maiz tanto a fiscalía coma os avogados da familia e dos fillos de Mari Luz Posse. A clave da condena, se é declarado culpable, estará en se os feitos se consideran un delicto de homicidio ou asasinato. O homicidio consiste en dar morte a unha persoa intencionadamente, mentres que o asasinato é un homicidio agravado, é dicir, cometeuse cando a víctima non se podía defender. Esta é a postura que defende a acusación, mentres que a defensa de Maiz solicita a libre absolución ou ben unha pena de cinco anos de cárcere por homicidio, coas atenuantes de embriaguez, sufrir alteracións psíquicas e o atraso na tramitación xudicial.
     
    Á entrada á Audiencia as irmás de Mari Luz manifestaban o seu malestar polo feito de que Maiz se atope en liberdade, e o amplo operativo policial que se despregou para evitar posibles conflictos.
     
    En canto ás indemnizacións, a fiscalía solicita para a filla menor de idade 90.000 euros en concepto de danos morais, 25.000 para cada un dos outros dous fillos e preto de oito mil euros para cada pai. O avogado dos fillos solicita 250.000.
     
    Redacción Salnés