Alfageme reunificará as tres conserveiras nunha soa fábrica no Salnés

    alfageme100_311007_001.jpgO SALNÉS > Representantes sindicais tiveron onte unha xuntanza coa dirección da empresa Alfageme onde se confirmou a unificación

     …a unificación das 3 empresas que o grupo posúe na comarca do Salnés ; Conservas Peña, Marsacg e Alfageme nunha única fábrica que previsiblemente terá que estar rematada antes do 2012.

    O concello de Vilagarcía comprometeuse a non recalificar os terreos das actuais conserveiras e os sindicatos solicitan que se dote chan industrial. Unha xuntanza onde a directiva da empresa Alfageme informou á formación sindical do novo plan de empresa 2007- 2012 e que conta co respaldo financeiro da Xunta e do Igape.

    Un plan que empezarase a executar por Vigo onde xa comezaron as negociacións para recalificar os terreos onde se construirá unha nova fábrica. Segundo os directivos de Alfageme as empresas do Salnés; consevas Peña, Marsacg e Alfageme unificaranse nunha soa fábrica.

    Aínda se descoñece a súa ubicación, pendente de adxudicación posto que depende da disposicións do concellos a doar solo industrial. Segundo os representantes sindicais a mellor opción está na zona de Vilagarcía. Polo de agora non se recalificarán os terreos das tres empresas e o traballo está garantido Rosa Abuín Representante sindical O traballo en principio estará garantido agás a plantilla das descontinuas- fixas que por mor da mínima carga de traballo en Conservas Peña atópanse no paro.

     A empresa prometeu a súa incorporación en Xaneiro do 2008, se non fora así o sindicato advirte tomar outro tipo de medidas Maila a problemática, sindicatos e persoal laboral confían na viabilidade de proxecto.

     

    Redacción Salnés