A delegada provincial de Política Territorial recibe á asociación A Piolla

    ritarodio100_061107_001.jpgRibadumia > A Delegada Provincial de Obras Públicas de Pontevedra, María Isabel Domínguez, reuniuse hoxe coa asociación de veciños A Piolla

    … para intentar chegar a un acordo sobre os problemas, que segundo a asociación, que segundo a asociación, lle van causar as obras da futura autovía do Salnés ós veciños de Barrantes.

    Foron necesarios máis de tres meses para que se producise esta xuntanza que os veciños de O Couto de Arriba, en Barrantes, estaban esixindo. Nela explicáronlle á delegada provincial as incidencias e perxuizos que aseguran van provocar as obras do desdobramento da actual vía rápida. Entre as cuestións que debatiron hoxe están a rotonda que se vai construír á altura da parroquia de Barrantes. O seu elevado diámetro e o feito de que vai ter unhas cotas máis baixas ás das dúas glorietas existentes agora, poden supoñer un importante risco de inundacións na zona. Ademais, as obras tamén van provoca-la rotura da continuidade do paseo fluvial do río Armenteira. Dende A Piolla tamén pediron que se constrúa unha pasarela para que os veciños poidan cruza-lo vial sen risco de accidentes.

    A presidenta da asociación A Piolla, Rita Rodiño, mostrouse hoxe satisfeita por conseguir reunirse coa Delegada Provincial de Obras públicas, que se comprometeu a enviar un técnico a Barrantes para que estudie, in situ, as propostas feitas pola asociación. A xuntanza de hoxe coincide co anuncio da Delegación Provincial de Política Territorial de que a autovía do Salnés estará rematada antes do verán do 2008.

    Redacción Salnés