VILAGARCIA> Vinova compra Coinba e asegura a continuidade da fábrica de bacallau de Vilaxoán. A firma de conxelados manterá todos os postos de traballo e garante un proxecto de futuro.
Ledicia en Vilaxoán polo mantemento da fábrica de Coinba. A empresa que se atopaba en concurso de acredores ten un novo comprador, Vinova Group. A firma que recentemente anunciou que se instalará en Vilanova, tamén manterá aberta a fábrica de elaboración de bacallau de Vilaxoán.
O acordo foi posible grazas a implicación de Vinova, do administrador concursal, dos antigos accionistas e tamén das traballadoras.
A nova firma manterá todos os postos de traballo e garante un proxecto de futuro.
A fábrica conta cun persoal estable de 18 traballadoras chegando a 25 nas épocas de máis produción. As empregadas e os veciños mostraron a súa satisfacción porque a empresa siga aberta.
Segundo a representante da Cig, a empresa realizará unha inversión imporante na fábrica a e as traballadoras recuperarán a actividade nas vindeiras semanas.