A Pousada de Meaño estará rematada antes de marzo

    MEAÑO> A Pousada de Meaño podería estar rematada a finais de febreiro do 2013. Este é o prazo co que traballa…

    {flowplayer}images/salnes/louzan_visita_pousada_meano.flv{/flowplayer}

    … o arquitecto director da obra Mario Crecente que ven de presidir a última visita guiada á obra dentro das xornadas de portas abertas do proxecto no que se encadra Pousadas do Salnés.

    De entre os catro edificios existentes na comarca do Salnés, a Pousada de Meaño caracterízase pola mestura de turismo e enoloxía posto que se encadra no Concello de Meaño, nun mesto paisaxe de viñedos á beira do atlántico de pasado con recendo a tradición de salga; tal e como simboliza o barril que presidirá unha das entradas deste hotel-adega.

    Este edificio pretende aproveitar ó máximo as características do terreo no que se asenta de xeito que escusa caldeira; recicla os materiais que se empregaron na súa construcción e válese das posibilidades da ladeira na que se encontra para optimizar as vistas das habitacións do inmoble. E como no global das Pousadas do Salnés, este edificio pretende ofrecer un aloxamento de calidade accesible a persoas con calquera grao de mobilidade. Un factor a ter en conta por aquelas empresas que queira optar a súa licitación. O prazo abrirase en breve.

    Unha vez adxudicada será a empresa xestora a encargada de xestionar estas instalacións promovidas pola Deputación de Pontevedra grazas á achega de Fondos Europeos para a promoción do Turismo accesible; un eido no que as Rías Baixas pretenden ser pioneiras.

    Redacción Salnés