Comeza en Vilagarcía a xornada sobre hidrobioloxía Ciencia a remollo

    semanadaciencia100_71107.jpgVILAGARCÍA > Esta semana comezou a Ciencia a remollo, unha quincena na que se van a desenvolver distintas actividades en torno a hidrobioloxía.

    Ó longo de todos estes días os vilagarciáns poderán afondar na importancia da auga do mantemento do noso ecosistema, mediante exposicións, obradoiros e mesmo unha xornada de portas abertas.

    O grosso destas actividades vaise a desenvolver no local social de Castroagudín, onde pequenos e maiores poden acudir a unha completa exposición. Na mesma os visitantes poden ollar vídeos ou explicativos sobre o medio acuático e o traballo de campo que desempregan os veciños para estudialo.Ademais poderán ver de preto o instrumental co que traballan, un paludario, unha ecosfera ou mesmo distintos animais conservados en formol.

    Os obxectivos que perseguen estas actividades, e que os científicos aseguran que conseguen en gran parte, e achegar a importancia do seu traballo a cidadanía e que o público en xeral afonde máis na súa concienciación ecolóxica cos entornos hidrobiolóxicos.

    Redacción Salnés.