Augas de Galicia tratará de mellorar as marxes do encoro do Umia

    fotoencorocopia.jpg CALDAS> A Consellería de Medio Ambiente a través de Augas de Galicia deseñou un plan de para o encoro que tratará  de mellorar a conservación das marxes.

    {flowplayer}images/salnes/PlanXestionUmia.flv{/flowplayer}

    Trátase dun documento que servirá como guía para levar a cabo as labores necesarias para o mantemento e a conservación das marxes do encoro do río Umia. Preténdese así optimizar a calidade das augas e crear novos hábitats que sosteñan unha biodiversidade máis rica.

    Con estas actuacións preténdese prestar especial atención ó bosque da ribeira do río, mellorando o ambiente e a paisaxe e eliminando aquelas especies que non son propias do lugar implantando outras caducifolias. Ademais realizaránse actuacións para a prevención dos incendios forestais.

    Estas medidas ambientais pretenden tamén combatir os problemas de proliferación da cianobacteria que tanto dano causa no encoro.

    Este plan de xestión forestal redactado por un grupo de investigación de Enxeñería dos Recursos Naturais da Universidade de Vigo realizouse a partir dunha inspección feita na zona para valorar o grao de conservación e o nivel de degradación desta.

    Outra das medidas para mellorar a situación do encoro foi a demolición de dous edificios abandonados situados no s concellos de Moraña e Cuntis.

    Redacción Salnés