Os Deputados pontevedreses visitan as instalacións dependentes da institución provincial

    PONTEVEDRA > O presidente da Deputación, Rafael Louzán e 24 dos 27 deputados da corporación provincial, visitaron esta mañá…

    …algúns dos centros dependentes da institución pontevedresa: O Arquivo provincial, as obras de ampliación do Museo, a Escola de Canteiros, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro e o centro Príncipe Felipe.

    A axenda do presidente da Deputación provincial para hoxe, estaba chea de visitas as instalacións dependentes da entidade. Algúns dos deputados de nova incorporación, non coñecían aínda algunhas delas e xa dende pola mañá, fixeron a excursión, co presidente Rafael Louzán, como cicerone.

    A primeira parada foi no arquivo provincial, para o que a Deputación acaba de aprobar o investimento de mais de dous centos corenta mil euros, para comprar estantes e trasladar os fondos do anterior arquivo. Despois pasaron polas obras do novo museo e pola escola de canteiros, única no mundo. Nesta pequena excursión, non podía faltar a parada no Areeiro, onde sempre teñen un ágape para os visitantes. Remataron a visita na cidade infantil Príncipe Felipe.

    O presidente da Deputación asegurou que polo que puido falar cos deputados, estaba contento do resultado das visitas e o balance era totalmente positivo.

    Xa pola tarde, marchaba cunha pequena representación provincial a inauguración do campo de fútbol Salvador Otero, na Illa de Arousa, onde posteriormente íase xogar o partido Céltiga- Deportivo de A Coruña.

    Redacción Salnés.