A ANPA do Praia Xardín mobilizarase este domingo

    concentracionpraiaxardin.jpgBOIRO> A decisión foi tomada por unanimidade polos pais ante a falla de información sobre as obras que se están a executar no colexio.

    {flowplayer}barbanza/concentracionpraiaxardin.flv{/flowplayer}

    Dende a propia Asociación de Nais e Pais do colexio de Praia Xardín alúdese a que a mellora que se está a realizar actualmente nas instalacións do centro educativo é insuficiente. Segundo eles non se cumpren os compromisos existentes da anterior Xefa Territorial de Educación, Teresa Villaverde, de levar a cabo unha reforma integral na cuberta do edificio que poña fin ós enormes problemas de humidade existentes.

    Chamada á mobilización

    Ante esta situación os pais tomaron a decisión de levar adiante unha concentración que será este domingo a partir das doce e media da mañá diante da casa consistorial, na praza de Galicia.

    Redacción Barbanza